O próximo día 13 de decembro, teremos a cea de nadal, que un ano máis será en xardíns Pazo a Fábrica en San Paio de Veiga (Celanova).
As animacións estarán a cargo de Tarafa.
Contaremos coa presenza do artista galego Guillermo Castro, recentemente galardoado con Premios Latinos 2025.
O prezo da cea son 30€ por adulto e nenos ata 12 anos 12.50€.
Entre os asistentes, sortearemos un pase completo para o XVIII Festival de Baile, Baila Comigo Celanova 2026, (Onde por primeira vez contaremos entre outros con TROPICAL GEM).
A cea non é só para a xente de baile, senón aberta a todo o que queira pasar unha noite de festa independentemente de que saiba ou non bailar.
Un ano máis comezamos coas festas de baile en Celanova. Mais de dúas décadas celebrando bailes sociais na vila de Celanova de forma consecutiva. O sábado día 18 esperámosche para unha nova tempada.
Este ano en Baila Conmigo Celanova, teremos o profesor de baile moderno e funky, Alberto Campo, para os máis pequenos.
Ven probar a primeira clase gratuíta o martes 7 de outubro, de 16:30 a 17:30.