Evento - CEA DE BAILE DO NADAL (Baila Comigo Celanova)  

EVENTO

CEA DE BAILE DO NADAL (Baila Comigo Celanova)

Sábado 13dedecembro do 2025


CEA DE BAILE DO NADAL     (Baila Comigo Celanova)

O próximo día 13 de decembro, teremos a cea de nadal, que un ano máis será en xardíns Pazo a Fábrica en San Paio de Veiga (Celanova).

As animacións estarán a cargo de Tarafa.

Contaremos coa presenza do artista galego Guillermo Castro, recentemente galardoado con Premios Latinos 2025.

O prezo da cea son 30€ por adulto e nenos ata 12 anos 12.50€.

Entre os asistentes, sortearemos un pase completo para o XVIII Festival de Baile, Baila Comigo Celanova 2026, (Onde por primeira vez contaremos entre outros con TROPICAL GEM).

A cea non é só para a xente de baile, senón aberta a todo o que queira pasar unha noite de festa independentemente de que saiba ou non bailar.

 

 

 


Evento publicado el día 12 de Noviembre del 2025