Evento - CEA BAILE DO NADAL  

EVENTO

CEA BAILE DO NADAL

SÁBADO 2 DE DECEMBRO - PAZO A FABRICA - SAN PAIO DE VEIGA -CELANOVA


CEA BAILE DO NADAL

Ola a tod@s...

Desde a última cea que se celebrou en Celanova no ano 2019, no mes de abril, non se volveu celebrar outra cea.

Este ano, despois de catro anos sen celebrar unha cea baile en Celanova, o vindeiro 2 de decembro celebraremos a cea baile do Nadal en Celanova. A cea celebrarase no PAZO A FÁBRICA, (en San Paio de Veiga).

Como podedes ver no cartel adxunto, a cea ten un prezo de 30€ por persoa, e para nenos de ata 12 anos o prezo será de 8€.

Para os que só acudan ao baile social despois da cea, cobrarase un prezo de 5€ para acceder ao local.

Lembrade que a cea está aberta ao público en xeral e que o último día para apuntarse é o sábado 25 de novembro.

 


Evento publicado el día 05 de Marzo del 2024